martes, 9 de enero de 2018

Hoxe martes... REZAMOS CUNHA IMAXE

PREPARÁMONOS:

  • Fai un momento de silencio. Senta cómodo e respira fondo para estar en paz por dentro. Cae na conta de que Deus está contigo, escoitando o que hoxe Lle queres dicir e esperando que ti tamén o escoites a El. 
  • Comeza facendo amodo o sinal da cruz: No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén. En el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo. Amén. In the name of the Father, and of the Son, and of the Holy Spirit. Amen. Au Nom du Père, et du Fils, et du Saint-Esprit. Amen. 

ESCOITAMOS:

Bo día! Como cada martes, rezamos cunha imaxe. Abre os teus ollos, a túa mente, o teu corazón... e contempla.

CONTEMPLAMOS:

PENSAMOS:

  • E ti? Concédesche tempo e espazo de silencio?
  • Como cres que se pode escoitar a Deus?
  • Estás disposto a coñecer o soño de Deus para ti?

Escoitaremos o que Deus quere de nós se temos...

REZAMOS XUNTOS:

Quero vivir, Señor, como o xoven Samuel, o neno atento aos signos da presenza de Deus, que oe o inaudible, ve o invisible, onde outros non ven nin oen absolutamente nada. El está en contacto con Deus, como Xesús, que se retiraba a un lugar solitario para orar. Axúdame a atopar tempo de silencio para atopar serenidade, quietude, sosego.... Dáme constancia para meditar a túa Palabra, e axúdame a que, aos poucos, o que contemplo se vaia facendo realidade na miña vida. Amén.

DESPEDÍMONOS:

Nai Divina Pastora, roga por nós. Madre Divina Pastora, ruega por nosotros. Mother Divine Shepherdess, pray for us. Mère Divine Bergère, priez pour nous.
San Faustino Míguez, ruega por nosotros. San Faustino Míguez, roga por nós. San Faustino Míguez, pray for us. Saint Faustino Míguez, priez pour nous.
BeataVictoria, roga por nós. Beata Victoria, ruega por nosotros. Blessed Victoria, pray for us. Bénis Faustino et Victoria, priez pour nous.
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén. En el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo. Amén. In the name of the Father, and of the Son, and of the Holy Spirit. Amen. Au Nom du Père, et du Fils, et du Saint-Esprit. Amen.

No hay comentarios: